jueves, 9 de octubre de 2008

Blog de Carlos Alonso para o curso de ESO a distancia do IES Ricardo Mella de Vigo

Este é o Blog para comunicarme co alumnado de ESO a distancia do IES Ricardo Mella, no Ámbito de Natureza.

Aparecerán secións durante o curso que tentarán ser unha axuda na comprensión dos temas, como por exemplo as seguintes entradas de vídeos que podedes atopar na rede e que son unha forma interesante e divertida de aprender e recordar conceptos.

Se atopades outros vídeos que pensedes que poden ser interesantes mandádeme a URL a alonsoformula@gmail.com, volo agradeceréi moito.

1 comentario:

♥ meninheira ♥ dijo...

Olá :)

Espero que vexas este comentario :)

Atopeite de casualidade e deixasme intrigadísima. ¿Pódese estudar a ESO a distancia? eu pensei que xa non existían os estudos a distancia tras a eliminación do INGABAD

Saudiños